martes, 16 de marzo de 2010

MAPAS CONCEPTUAIS

Hoxe aprendimos a elaborar mapas conceptuais con Bubbl.us .








viernes, 12 de marzo de 2010

Pop-art



Pop-art!

Fixen esta foto co gimp , primeiro fixen as fotos por separado , dinlles cores diferentes a cada unha e despois pegueinas e quedou este resultado.

viernes, 22 de enero de 2010


A folga do 21 de xaneiro de 2010 , estivo moi ben se nós non defendemos os nosos dereitos e a nosa lingua , quen o vai facer?
Eu estou totalmente de acordo cos motivos polos que se combocou a folga , aparte de que son galega creo que calquera outra comunidade faria o mesmo pola sua lingua natal.
A min pareceme moi ben que queiran que os nenos desde pequenos aprendan inglés , porque é certo que hoxe en dia o coñecemento dos idiomas é importante , pero non podén pretender substituilo de algunha maneira polo galego , que é a nosa lingua non o inglés , do mesmo xeito que outros países tocoulles o inglés como lingua natal a nós tocounos o galego e temos o deber de defendelo e apoialo.
Porque ademais desde a miña opinión totalmente persoal , sobretodo aqui en Ferrol , que é unha cidade moi peculiar, se seguén degradando o galego dentro dus anos , non moitos , as seguintes xeracións non teran nin una lixeira idea de falar en galego , e a verdade ser de galicia e non coñecer o teu idioma, e coñecer antes o inglés, por exemplo pareceme moi triste.
Ademais que pretenden dar física por exemplo, en inglés? Eu como alumna reconozco que xa non me entero moito para canto menos se mo explican en inglés, seria totalmente unha loucura.
As persoas que prefiran que os seus fillos aprendan antes inglés que o galego pois que escolla as materias optativas ou que o leve sinxelamente a unas clases , como se fixo toda a vida , pero que non pretendan que os demais cidadáns aprendan un idioma que non é o deles e non é imprescindible aprender.
Defendo totalmente e sen ningun prexuizo a miña lingua e ben orgullosa que estou dela e de pertencer a Galicia.
Espero que non desapareza nunca , ainda que ao paso que vamos non tardara moito se non facemos algo , por iso apoio as folgas e que se faigan moitas máis ata que nos escoiten!
E ademais as persoas galegas e que non sepan falar o galego , eu consideroas como uns ignorantes a verdade pareceme horrible , pero cada un ten dereito a opinar e pensar o que queira.

¡VIVAMOS COMO GALEGOS!

viernes, 4 de diciembre de 2009

O VIH!

O VIH , é o virus comunmente denominado sida.Este virus afecta ao sistema inmunolóxico das personas debilitandoo, o corpo volvese vulnerable a outras infeccions e pode levar a morte.
O sida cada vez se desenvolve mais rapido e vai contaxiando a mais persoas.Isto poderia disminuirse por exemplo se as persoas que manteñen relacións sexuais utilizaran protección , o numero de contaxiados seria moito menor, ademais este virus transmitese através da sangue , se tes un fillo tamen tera o sida sen culpa ningunha.Bueno por unha cousa ou outra calquera pode chegar a contaxiarse , pero non por isto as persoas que teñen o virus teñen que ser marxinados é unha enfermidade coma outra que se se leva con naturalidade , e seguense os pasos para combatila nos ten ningun problema e podese levar unha vida totalmente normal. Pero a sociedade de hoxe en dia esta emperrada en tratar a xente con esta enfermidade como afectados e marxinados.
Creo que con un pouco de axuda dos demais ,e poñendo un pouco da nosa parte poderiamos evitar que esta xente se sentise desplazada , pero tamen esta claro que si tiveramos un uso axeitado dos métodos anticonceptivos tamen se reduciria a cifra, esta un pouca nas mans de todos.Ainda que por transmisión sexual é o metodo mais usual , tamen pode contaxiarse mediante o sangue , de pais a fillos.